O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
A primeira infancia é una etapa na que o vínculo; a presenza e o xogo compartido constitúen a base do desenvolvemento emocional. Nesta proposta “o son” convértese nunha ferramenta para crear un espazo de encontro entre persoas adultas e crianzas, favorecendo a conexión, a escoita e o goce compartido.
Esta experiencia, para crianzas de 0 a 6 anos, pretende ofrecer ás familias pequenos recursos que poidan seguir formando parte da súa vida cotiá, fortalecendo o vínculo a través da presenza, a voz e o son.
A estrutura será a seguinte:
Benvida e creación do espazo de conexión en familia
Descubrindo o son... As crianzas poderán explorar diferentes instrumentos sonoros.
Ritual de calma: respiracións e melodías que cada familia poderá facer logo na súa casa.
Momento para compartir e peche: relaxación sonora con palabras compartidas.
Cada familia deberá traer unha manta, esteira ou similar para colocar sobre o chan e poder sentarse. Roupa cómoda.