O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

En xuño teremos autocine en Oza e Calo

| compartir:

O autocine volve a Teo este verán, con dúas sesións que terán lugar no mes de xuño en Oza e Calo. Trátase dunha actividade novidosa que o Concello de Teo iniciou o exercicio anterior, no que comezou a pandemia da Covid-19, para que a cidadanía puidese volver gozar da cultura dun xeito seguro. Deste xeito, o ano pasado, dende a área de Cultura do Concello, dirixida por Mayte Argibay, realizaron un programa de autocine en todas as parroquias que tivo moi boa acollida.

Así, este ano en xuño, o sábado día 12 ás 22:30 horas, poderase ver a película Maimiño no aparcadoiro da Casa Común de Oza. En Calo, o venres 25 ás 22:00 horas, proxectarase Ons, na explanada ao carón da Escola Infantil. Para asistir hai que reservar a entrada e, segundo indican dende Cultura, ten prioridade a veciñanza empadroada nas parroquias onde se proxecta o fi lme. As entradas entregaranse por orde de apuntamento. A reserva pódese facer a través das comisións de festas, asociacións, ou colectivos de referencia a nivel parroquial, no caso de habelos, ou no correo-e autocinecultura@teo.gal, ou no teléfono 981 941 063 en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres, indicando o nome e apelidos, DNI, teléfono, aldea e parroquia, a matrícula do coche e o nome da película para a que se reserva. Non se poderá asistir sen anotarse previamente para a retirada da entrada e sen cumprir os requisitos. 

Durante o mes de maio xa houbo proxeccións, concertamente A galiña Turuleca en Cacheiras e Mascotas 2 en Luou e durante os meses de xullo e agosto haberá novas funcións. 

cartel