O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Cultura presenta a exposición "Os libros da nosa vida"

| compartir:

A Concellaría de Cultura programa unha mostra sobre "Os libros da nosa vida" para celebrar o Día do libro. Será no Auditorio Constante Liste e poderemos vela do 19 ó 24 de abril. Segundo explican dende a área de Cultura nunha época profundamente tecnificada, o obxecto libro segue a manifestarse como un formato de extraordinaria resistencia e vixencia, malia non ter xa o monopolio na divulgación do saber e o coñecemento. A mostra propón unha viaxe por algunhas obras que acompañaron a distintas xeracións e a relación que estas tiveron con elas. Está formada por unha pequena escolma de libros pertencentes ás bibliotecas municipais que se consideran significativas na formación de persoas lectoras ó longo dos últimos anos.

A través deste fío conductor, a mostra terá os seguintes apartados: 

  • Libros que nos formaron como lectores (selección de libros infantís e xuvenís que marcaron en diferentes épocas os hábitos lectores: dende as aventuras de Teo ata as viaxes dos Bolechas, de Antoñita la Fantástica ao Diario de Greg).

  • Libros para coñecer o mundo (libros de texto e informativos que permitiron abrir as mentes ó coñecemento: manuais editados en distintas épocas sobre os máis diversos temas funcionan como a pegada dos cambios na visión que tivemos do mundo que nos rodea).

  • Libros para coñecer outros idiomas (diferentes métodos de aprendizaxe de idiomas e obras noutras linguas que configuraron a nosa relación con outras culturas e países).

  • Libros que fan voar a nosa imaxinación (obras que a través da súa edición e formato amosan o coñecemento con deseños orixinais: libros de distintos tamaños, con ilustracións artísticas, desplegables, con sons incorporados…)

"Trátase pois dunha restrospectiva que agardamos que esperte a curiosidade e estamos seguros de que a moitas das persoas que a visiten traeralles altas doses de nostalxia" indica a concelleira Mayte Argibay.

Os horarios de visita serán de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. O venres 23 tamén poderá visitarse en horario de 17:00 a 19:00 horas e o sábado 24 o horario será de 11:00 a 14:00 horas.

Paralelamente a esta actividade realizarase unha solta de libros no Auditorio Constante Liste. Estará formada por libros doados ás nosas bibliotecas e que por adecuación ás coleccións ou duplicidade non pasarán a incorporarse aos fondos municipais. Estes libros poderán levarse de balde sen necesidade de devolvelos.

As soltas serán o venres 23 de 17:00 a 19:00 horas e o sábado 24 de 11:00 a 14:00 horas.

cartel