O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Trasládanse á Xunta as principais demandas de melloras nos centros escolares

| compartir:

A concelleira de Educación e Cultura, Mayte Argibay, mantivo unha xuntanza esta mañá co Director Xeral de Centros da Consellería de Educación, Xesús Manuel Álvarez. Neste encontro, que tivo unha ambiente distendido e de colaboración, a concelleira trasladou as principais demandas de melloras nos centros escolares de Teo, os Ceips de Calo, Os Tilos e A Ramallosa así coma no CRA de Teo e no IES de Cacheiras. 

"Trátase de centros con moitos anos de funcionamento e, salvo a Ramallosa, ningún deles tivo unha reforma integral polo que os traballos de mantemento que realiza o Concello cada vez chegan a menos para tapar tantas necesidades" explica Argibay. Deste xeito, entregóuselle á Dirección Xeral de Centros un informe detallado sobre as carencias e necesidades dos centros nos que se recollen as peticións das direccións así como das anpas. 

Aínda que o informe contén moitos datos dende o Concello "explicóuselle cales entendemos que son as necesidades máis prioritarias neste momento que son o cambio do tellado no CEIP dos Tilos e o cambio de ventás e persianas do colexio de Calo" explica a concelleira.

Dende o centro dos Tilos é unha necesidade o cambio de tellado. Así o confirma un informe dunha empresa, que en xaneiro deste ano, acude ao centro por varias goteiras no edificio e pode comprobar que existen "descorchados nas tellas, planchas de fibrocemento agrietadas así como vexetación na cuberta e canalóns dañados por oxidación". Ademais desto tamén se pide que se poida rematar a renovación dos aseos do edificio principal ou a pavimentación do patio superior. 

Dende Calo destacan a necesidade de cambiar ventás e persianas, porque moitas delas están xa rotas ou non se poden usar e no momento actual, coa importancia da ventilación pola covid convírtese nun tema fundamental. Esta reforma tamén redundaría nunha mellora da eficiencia enerxética xa que neste momento hai un gasto de calefacción pouco eficiente. Ademais moitos dos radiadores tamén presentan un evidente deterioro. 

O Ceip da Ramallosa tivo unha reforma integral hai pouco e non presenta necesidades tan urxentes como no caso dous outros dous centros. Aínda así dende o colexio demándase a instalación dun ascensor, o arranxo das escaleiras do centro ou a mellora do edificio anexo. 

CRA e IES

En Teo contamos cun Centro Rural Agrupado con varias escolas funcionando. Trátase de edificios con bastantes anos e as súas demandas céntranse na mellora de espazos anexos ás aulas, pintado de fachadas así como mellorar a sede do CRA en Solláns. 

Pola súa banda dende a Anpa do IES e do propio centro volven a reiterar a petición de que se elimine o horario de tarde dos martes, reorganizando esas horas lectivas. O deseño actual das rutas de transporte escolar fan que o alumnado que ten clase os martes pola tarde quede con moi pouco tempo ao mediodía para ir a casa a comer. 

Dende o instituto de Cacheiras tamén destacan a necesidade de revisar o peche perimetral do centro, illar un transformador eléctrico que hai no recinto ou ampliar espazos interiores xa que cos protocolos covid houbo que reorganizar aulas. En relación con esto tamén se explica que o acceso do alumnado aos laboratorios está sendo moi escaso precisamente porque algúns tiveron que ser habilitados como aulas. A mellora da cobertura de internet é outra das peticións. 

 

Tilos