O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

NO CORAZÓN DA FRAGA DE SESTELO. ANDAINA INTERPRETATIVA

Data e hora

Localización
Explanada da Florida, Rarís na zona de Autocaravanas Compostela
Como chegar

Prazas dispoñibles
26
Inscribirse

Prazas por persoa
3

Apeteceche mergullar nunha fraga xove cunha riqueza patrimonial tanto cultural como natural digna de ser descuberta?

Ven a coñecer e descifrar as singularidades do medio natural, a flora e a fauna, as historias, curiosidades e anécdotas dos lugares e das paisaxes galegas, para desfrutar da actividade física ao aire libre e en contacto coa natureza da man de persoas especializadas na bioloxía e na  arquitectura da paisaxe cultural....

Andaina interpretativa do patrimonio natural e cultural que vaiche sorprender!

Observacións
- Roupa e calzado axeitados ás condicións climatolóxicas para dar un paseo pola natureza.
- Traer a túa botella de auga e un pequeno petisco.
- Traer bastón de camiñar
- Desexos de pasalo ben
ACTIVIDADE SUXEITA ÁS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS 🌈⛈️☔
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A RESERVA
As actividades son de balde, pero teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non podes acudir, é imprescindible avisar con antelación escribindo a turismo@teo.gal ou ao número de whatsApp de TeoTurismo +34 698 18 68 91
⚠️ A cancelación debe realizarse exclusivamente neste enderezo e/ou no número móbil corporativo facilitado
Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático de confirmación (nonresponder@teo.gal).
As persoas que non comuniquen a súa ausencia:
📌 Na primeira ocasión, pasarán á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
📌 Nunha segunda ocasión, non poderán formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e colaboración de todas as persoas participantes para garantir un acceso xusto ás experiencias.
Inscribirse
Fraga de Sestelo

Outros eventos por vir