O Concello acondiciona o viario en Lamas

15-02-2021
Lamas

O Concello executou o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Lamas, na parroquia de Bamonde. Trátase dunha obra financianda por Agader, a través do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, anualidade 2020-2021. A obra estaba orzamentada en algo máis de 40.000 euros. 

Segundo se destaca no Informe de necesidade da obra este viario presentaba un importante deterioro pola antigüidade do último pavimento realizado polo Concello como polo impacto das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo. 

Os traballos consisitiron en estender unha nova capa de aglomerado asfáltico sobre a base anterior, xa que así elimínanse os problemas de desgaste e perda de adherencia. Durante a execución levántase as tapas de arqueta e rexistro para que queden accesibles. Tamén se fixo o pintado de sinalización horizontal con pintura blanca. 

Esta obra está financiada a través de Agader con fondos Feader: Europa inviste no rural. 

 

logo