O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello licita obras de mobilidade por un importe superior aos 900.000 euros

| compartir:

O Concello está licitando dúas importantes obras de mobilidade por un importe superior aos 900.000 euros, as dúas financiadas con fondos Feder a través de axudas do IDAE. Neste momento está aberto o proceso de licitación no perfil do contratante e as empresas poden presentar ofertas ata o 1 de febreiro. 

Segundo explica Uxía Lemus, concelleira de Urbanismo, as obras son "a senda peonil e ciclista nas parroquias do centro e sur do Concello e o proxecto de camiño escolar seguro en Calo". A primeira ten un importe de licitación de 356.200 euros e a segunda un importe de licitación de 591.015 euros. 

Camiño escolar na zona de Calo

O pasado mes de outubro o Concello xa abriu un período de exposición pública sobre este proxecto no que se actuará sobre a zona cercana ao colexio de Calo. Podes consultar aquí o proxecto de Camiños escolares seguros na zona da Igrexa-Calo.  No seu momento varios veciños achegaron suxestións e propostas que se atenderon na medida en que foi viable tecnicamente. Podes consultar aquí o informe sobre as suxestións ou reclamacións recibidas. 

Este proxecto inclúe unha serie de actuacións co fin de mellorar a mobilidade e a seguridade peonil na zona de Folgueiras, Fixó, A Igrexa de Calo e A Cascalleira. A obra incluirá sendas peonís que comunicarán o CEIP de Calo coa zona do pavillón municipal e a escola infantil municipal de Calo; coa N-550, en Balcaide; con Fixó e Campos de Mirabel e con Folgueiras o que suporá unha mellora integral da seguridade viaria da zona, na que se concentran diversos servizos públicos de grande afluencia peonil. Debido ás necesidades técnicas desta execución, e en base a un estudo de tráfico previo, o Concello debe limitar os sentidos de circulación no Lugar de Fixó e na Rúa Cascalleira, de xeito que nestas dúas zonas están previstos sentidos únicos. 

Podes tamén ver os planos por zonas. 

  • Preme aquí para ver os planos da zona da Cascalleira.
  • Preme aquí para ver os planos da zona do CEIP de Calo. 
  • Preme aquí para ver os planos da zona igrexa de Calo-Folgueiras.
  • Preme aquí para ver os planos da zona de Fixó. 
  • Preme aquí para ver o plano coa proposta completa de regulación de tráfico coas direccións. 

Dende o departamento de contratación e o de urbanismo trabállase coa previsión de que as obras se poidan realizar na primaveira-verán deste ano e estar listas para o comezo do curso escolar próximo en setembro. Vaise actuar no entorno dunha zona escolar polo que se tentará axustar todo o posible as obras ao período onde teñan menos impacto. 

Esta obra suporá unha mellora na seguridade viaria na zona e unha redución do uso dos vehículos xa que a posibilidade de contar con sendas peonís seguras facilitará que as persoas residentes na zona poidan ir a pé a moitos espazos aos que agora é complicado por temas de seguridade viaria. Ademais deberá mellorar sustancialmente os problemas nos accesos ao colexio de Calo ao ter itinerarios escolares seguros a pé dende os principais núcleos ata o centro escolar.

Senda ciclista

A outra obra, que tamén se está licitando, e se prevé a súa execución nos vindeiros meses preséntanos un proxecto dunha senda peonil e ciclista nas parroquias centro e sur do Concello. A senda mixta executarase aproveitando as marxes de diversas vías xa existentes e enlazando con tramos xa executados. Neste caso está proxectado unha beirarúa de formigón coloreado de 1,80 metros, que en casos puntuais pode reducirse algo. A senda parte do núcelo da Igrexa de Luou, da beirarúa existente e vai ata o núcleo de Vilanova, en Recesende onde tamén conecta cunha senda xa executada. Esta senda completarase con outras proxectadas xa que se licitarán nos vindeiros meses. 

As actuacións das dúas obras en proceso de licitación está incluídas dentro do Plan de Mobilidade Sostible Urbano do Concello de Teo. 

Estas actuacións execútaranse a través dunha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (BOE n.º 144, de 17 de xuño de 2017). A axuda conta coa cofinanciación do FEDER (Fondo Europeo de Desarrollo Rexional).

 

idae    idae 2

 

 

senda mazas

Arquivos descargables