O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello lembra que a emisión de certificados de empadronamento é de balde

| compartir:

O Concello lembra que a emisión de certificados de empadroamento é de balde e non se cobra nada por eles. Esta mañá, pola chamada dun veciño, detectouse unha práctica pouco ética. Parece que hai portais en internet (como os da imaxe que acompaña a nova) que están cobrando unha cantidade económica pola tramitación de certificados de empadronamento que a administración non cobra. Estarían cobrando uns cartos por unha xestión que é de balde e a maiores moi sinxela de realizar.

É importante revisar as páxinas nas que realizamos estas xestións administrativas asegurándonos de que sexa unha páxina institucional e evitar facilitar datos bancarios en webs das que non temos garantida a súa solvencia. 

A solicitude dun certificado de empadroamento pódese facer por correo electrónico escribindo a servizosxerais@teo.gal, de xeito presencial nas oficinas do Concello ou na sede electrónica a través da solicitude xeral premendo aquí

 

 

gestoclic