O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O Concello licita o contrato do servizo de campamentos para este verán

| compartir:

O Concello vén de licitar o contrato que abarca o servizo de campamentos de verán, concretamente a xestión e o desenvolvemento do campamento de verán infantil e o campamento de verán xuvenil do Concello de Teo, para facilitar a conciliación para nenas e nenos. 

Os campamentos levaranse a cabo durante este verán e será para a rapazada de idades comprendidas entre os 7 e 11 anos (campamento infantil) e para a mocidade de entre 12 e 17 anos (campamento xuvenil).

Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e teñen ata o 30 de marzo para presentar as propostas. O contrato limítase ao verán de 2026 e ten un orzamento base de licitación, con IVE incluído, de 97.895,97 euros.

foto