O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O día do San Martiño teremos postos de polbo para levar en varios puntos do Concello

| compartir:

Un dos elementos máis importantes no San Martiño son os postos das polbeiras. Como este ano non se poderá desfrutar del na carballeira de Francos dende Turismo artellouse a posibilidade de poder mercar polbo para levar en varios puntos do Concello.

Puxémonos en contacto cos vendedores habituais do San Martiño e ofertóuselle a posibilidade de colocar un posto de venta en zona pública na mañá do 11 de novembro. E a maioría deles recibiron moi positivamente esta iniciativa. Deste xeito poderemos comer polbo o 11 aínda que non sexa na feira.

O servizo será só de recollida e deberanse respectar as restriccións en vigor e manter a distancia social. Garántes un horario mínimo de 12 a 16 horas. 

Os postos estarán nas seguintes ubicacións:

Calo: Aparcadoiro da Casa Común de Ameniro.

Luou: Aparcadoiro municipal

A Ramallosa: Aparcadoiro Casa do Concello.

Montouto: Nas inmediacións do parque infantil de Montouto.

Os Tilos: Praza do mercado

Pontevea: Aparcadoiro municipal.

polbo