O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello entra en alerta vermella pero mantén as mesmas restricións que afectan a todos os Concellos de Galicia

| compartir:

O Sergas pasa a Teo a nivel vermello en base aos novos casos dos últimos días. Deste xeito, no nivel de alerta, pasamos a ter unha maior preocupación xa que na última semana temos máis de 21 novos casos. Sen embargo, neste momento non temos maiores restricións que o resto de Galicia, estando en nivel 2. E non temos as restricións que se lle aplican xa a Santiago e Milladoiro. 

O mapa do Sergas non implica novas restricións. Neste momento aplícase o publicado no DOG 212 bis do 21 de outubro que podes consultar premendo aquí. Esto non supón que nos próximos días non poidan afectarnos novas medidas restrictivas. 

A situación sanitaria respecto da covid é cambiante polo que a situación de hoxe pode variar en pouco tempo. Á vista desto, as restricións de hoxe, que non son maiores cas do resto de Galicia, poden modificarse en calquera momento. Neste intre Teo ten activos 44 casos, dato facilitado polo Sergas esta mañá. Sen embargo as limitacións virán marcadas polo seguemento que fai o Sergas da tipoloxía dos casos, en base ás dedisións do comité científico. Esto significa que, máis alá do número de activos, a nivel científico se valoran outros parámetros para tomar decisións sobre as restriccións que se aplican en cada territorio. 

Teo non é unha illa e o feito de ser limítrofe con Santiago e o Milladoiro fai que a situación sexa de especial febleza. Pero insistimos en que neste momento, a xoves 22 de outubro, as restriccións en Teo son as mesmas que en toda Galicia, non maiores. 

Ademais lembramos que a programación das distintas actividades municipais estase adaptando á normativa publicada para poder realizar aquela que se considera viable, sempre cumprindo a norma e coas debidas garantías sanitarias. 

Dende o Concello chamamos á tranquilidade pero sen dúbida tamén a ser precavidas e a cumprir coas medidas publicadas que por exemplo non permiten reunións de máis de cinco persoas. A actuación particular da cidadanía pode determinar a evolución nos próximos días polo que é moi importante ser responsable. A distancia social, ademais do uso da mascarilla e o lavado de mans sigue sendo unha recomendación básica para limitar o impacto do virus. 

 

covid