Representantes do CLIA de Teo participan no VI Encontro Estatal de Consellos de Participación Infantil e Adolescente

17-10-2020
encontro estatal

Bea, Irene e Jesús, representaron ao Consello Local de Infancia e Adolescencia do concello de Teo no VI Encontro telemático de adolescentes baixo o lema "O paraugas dos dereitos", e no que 150 adolescentes de Cidades Amigas da Infancia opinaron e debatiron sobre o impacto da COVID 19 e a Axenda 2030.

Para preparar este encontro que tivo lugar o venres 16 e sábado 17, esta semanas tivo lugar a xuntanza do Foro de participación infantil e adolescente de Teo, cumprindo sempre coas medidas de seguridade. A xuntanza serviu ademais para planificar a actividade deste curso que neste trimestre incluirá as súas citas anuais de participación no Foro infantil do Parlamento de Galicia e nas Xornadas Cidades Amigas da Infancia, en ambos casos de xeito telemático.

Proximamente terá lugar tamén a formación nos centros educativos sobre dereitos da infancia e para a elección de novos representantes no CLIA, Consello Local de Infancia e Adolescencia de Teo, que se reunirá en sesión ordinaria o 20 de novembro co motivo da conmemoración do Día Internacional dos dereitos da Infancia.