O prazo de pago do IBI, do lixo, de vados e terrazas remata o 20 de novembro

07-10-2020
euro

A Deputación da Coruña publicou no BOP do 21 de setembro o prazo para o pago dos seguintes impostos: IBI, lixo, vados, imposto de actividades económicas e terrazas. O prazo para o pago en período voluntario esténdese dende o 17 de setembro ata o 20 de novembro, ambos inclusive. No caso dos recibos domiciliados o cargo farase na conta o 20 de outubro.

No caso de non telo domiciliado hai que facer o pagamento co recibo que chega por correo postal antes do 20 de novembro para non ter recargo. As persoas ás que non lle chegue o recibo ou non detecten os cobros na súa conta poden enviar un correo electrónico cos seus datos a intervencion@teo.gal para solicitar unha copia.

Os datos de contacto de información tributaria da Deputación, na que tamén se poden realizar estas consultas son os seguintes: o correo electrónico atención.tributaria@dacoruna.gal e o teléfono gratuíto 900 132 204. O Concello ten delegada a recadación dos impostos municipais na Deputación da Coruña.