O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O Concello impartiu preto dunha vintena de cursos de informática a máis de 160 alumnos nestes dous últimos anos

| compartir:

O Departamento de Administración Electrónica e Apoio Dixital do Concello impartiu preto dunha vintena de cursos de informática nestes dous últimos anos, chegando a un total de 162 usuarios e facilitando así a inclusión dixital. 

Neste senso, do total de cursos impartidos, 10 correspóndense ao curso básico de iniciación a Internet e ao teléfono móbil, pensado para as persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello. Cada curso consta de 20 horas de formación impartidas pola técnica do Concello, onde se abordan os coñecementos básicos da informática e se lles ensina aos participantes a saber manexarse co ordenador e co teléfono móbil. Tamén se impartiron un total de 7 cursos de perfeccionamento, cun total de 60 alumnos, onde esas persoas ampliaron os coñecementos adquiridos na primera fase. 

Con este tipo de formacións, o Concello busca ofrecer aos seus veciños máis maiores beneficios fundamentais como o aumento da autonomía, a reducción do illamento social e a estimulación cognitiva. Desta forma, os asistentes aprenden a xestionar trámites, banca e saúde online, fortalecen a súa autoestima ao aprender novas habilidades e melloran a conexión co familiares e amigos mediante diversas ferramentas.    

Cabe sinalar que, tanto para os cursos de iniciación como de perfeccionamento, a inscrición está sempre aberta, polo que as persoas interesadas en anotarse poden pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude. 

Por último, tamén se levaron a cabo dous cursos para a cativada, como medida de conciliación en tempadas non lectivas, centradas na informática básica e na mecanografía. 


 


 

foto