O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Cultura presenta un atractivo programa do mes do teatro para outubro

| compartir:

O mes de outubro en Teo é, por excelencia, o mes do teatro, posto que a concellaría de Cultura presenta unha intensa programación para todos os públicos. Para poder facelo con todas as garantías de seguridade, preparamos unha serie de medidas adaptadas ás normativas en vigor da COVID-19. Para iso reducimos a capacidade e haberá que facer
reserva previa das entradas no enderezo electrónico: entradascultura@teo.gal. Tamén será obrigatorio o uso da máscara de protección, manter en todo momento a distancia de seguridade, ocupar a butaca asignada e a entrada e saída faranse de xeito gradual e paulatina seguindo as indicacións. E a sala desinfectarase antes e despois das funcións.

A programación deste outono, ao igual que o resto deste ano, segue apoiando maioritariamente o sector cultural teense, con caras coñecidas da nosa veciñanza enriba dos escenarios. Tamén haberá un ciclo de teatro afeccionado en colaboración coa asociación teense de teatro A Tequerreté e coa Federación Galega de Teatro Afeccionado.

O actor e veciño dos Tilos Vicente Mohedano abrirá a programación para nenos de 7 a 12 anos co espectáculo didáctico científico Be water o venres 2 na Biblioteca dos Tilos ás 18:00 horas da tarde. O sábado 3 continuará co grupo de Teatro afeccionado Atrezo coa obra para adultos Chicago Killers ás 20:00 horas no Auditorio Constante Liste.

O venres 9 ás 18:00 h tócalle tamén ao teatro infantil familiar e Mirada de bolboretas do grupo de teatro afeccionada
Lohegrin. A biblioteca dos Tilos acollerá o sábado 10 ás 12:00h á escritora, contadora e veciña desta parroquia Carmen Domech co espectáculo Contos para pasalo de medo

Do 12 ao 18 de outubro co gallo da celebración o 15 de outubro do Día das escritoras, publicarase cada día da semana nas redes sociais de Cultura e das Bibliotecas do Concello unha ficha con información relativa a unha autora vinculada co Concello de Teo acompañada dun comentario dos seus libros.

Continuaremos o venres 16 ás 18:00 h de novo con Vicente Mohedano, esta vez na Biblioteca do Grilo co espectáculo Cando o sol se deita. O sábado 17 ás 18:00 h o teatro afeccionado Axóuxere representa Quero ser maior. Na fin de semana celebrarase o día internacional das bibliotecas. O venres 23 ás 18:00 h na Biblioteca dos Tilos o espectáculo para bebés de Gemola Contiños de animaliños ben pequeniños e á mesma hora na Biblioteca do Grilo, o veciño de Cacheiras
Oscar Villán impartirá o obradoiro Aproximación á ilustración. O sábado 24 ás 12:00 h, de novo na biblioteca dos Tilos, estará Carmen Domech con Contos de libros contentos e pola tarde no Auditorio Constante Liste ás 18:00 música infantil con contos de Magín Blanco con O que levamos nas maletas. O domingo ás 19:00 h teatro afeccionado para persoas
adultas con Chimpa Teatro e a obra Intocables no Auditorio Constante Liste. No mesmo espazo o venres 30 ás 18:00 h Historias de arrepío con Paula Carballeira e o sábado 21 ás 20:00 h Vida de cans de Talía Teatro 

mes do teatro