O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello impulsa un estudo pioneiro de medición de radon en vivendas

| compartir:

O Concello de Teo pon en marcha, en colaboración coa USC, un estudo de medición de gas radon en vivendas de Teo. O Laboratoria de Radon de Galicia será o encargado do traballo técnico que se realizará nos vindeiros meses e se fará en 180 vivendas unifamiliares do Concello. As persoas interesadas en participar no estudo teñen un prazo para anotarse, dende o 5 ao 25 de outubro, cubrindo unha instancia que se poderá descargar premendo aquí ou recoller nas oficinas municipias. A inscrición farase por orde de rexistro e se hai menos solicitudes ampliarase o prazo para pedir o estudo.

Esta iniciativa, pioneira entre os Concellos galegos, foi presentada esta mañá pola Concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, e un membro do Laboratorio de Radon, Alberto Ruano. Na intervención a concelleira destacou que o estudo entra dentro do programa Teo Sostible e que con el "agardamos ter un mapa máis real da situación das vivendas de Teo en relación coa incidencia do radon". Chamou á tranquilidade explicando que neste tema "non hai que ser alarmistas pero é bo ter cada vez máis información rigurosa para poder tamén informar á cidadanía". 

O gas radon é un canceríxeno pulmonar de orixe natuarl incoloro, inodoro e insípido e pode alcanzar concentracións de risco para a saúde en aquelas zonas onde haxa moito uranio nas rochas. Case toda Galicia é zona de elevada emanación de radon. Diante desta situación “resulta de interese a participación neste estudo para ver o escenario que temos en Teo” indica a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus. Destacou así mesmo a colaboración institucional co Laboratorio de Radon de Galicia xa que os datos obtidos do estudo servirán para ambos organismos. 

As vivendas que poden participar no estudo será vivendas unifamiliares de Teo (illadas ou adosadas) con preferencia para as que teñan soto. As persoas residentes na vivenda deben estar empadroadas no Concello. As medicións durará ao redor de tres meses dende que as persoas participantes reciban os medidores. Segundo explicou Alberto Ruano os/as participantes recibirán nas súas casas dous medidores que estarán colocados no dormitorio principal e no salón da vivenda. Unha vez rematado o período de medición devolveranse nun sobre para o seu análise por parte do laboratorio. Cabe destacar que en todo este proceso ningunha persoa allea terá que visitar as casas, nin para a entrega do material nin para a recollida xa que se fará por correo. 

A previsión é que a mediados de novembro poida estar a listaxe de persoas interesadas en participar no estudo e dende ahí recibirán o material. No primeiro semestre de 2021 deberemos ter o estudo dos resultados. Por unha banda cada participante recibirá un informe confidencial con recomendacións segundo os niveis atopados no seu fogar e o Concello un informe xeral da situación en base aos datos xerais destas 180 vivendas analizadas. Os datos particulares serán sempre confidencias e a participación neste estudo é de balde. O Concello é o que realiza a aportación económica ao Laboratorio, unha cifra que se achegua aos 13.000 euros. 

Dende o Concello tamén se valorará nos vindeiros meses a posibilidade de realizar unha campaña informativa sobre a incidencia do radon e aquelas medidas que poden tomar os/as propietarios/as das vivendas para minimizar o seu impacto. 


 

radon

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
MODELO SOLICITUDE ESTUDO RADON.pdf 1.77 MB