O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Os Diverteos realizanse en máis espazos para garantir as medidas de protección

| compartir:

O Diverteo, a actividade de conciliación municipal que se oferta para nenos/as de 3 a 12 anos, estase realizando este verán adaptada á nova normalidade e ás medidas de protección fronte á covid-19. Unha das principais novidades é a separación dos grupos en máis espazos físicos. Ignacio Iglesias, concelleiro de Benestar, indica que "este ano aproveitando que as escolas infantís municipais permanecen pechadas ata setembro optamos por usar estas instalacións propias para os grupos dos máis pequenos/as". 

Esta actividade faise normalmente en tres espazos, os colexios de Calo, Os Tilos e A Ramallosa, para o que se conta coa colaboración da dirección dos centros. En agosto o Diverteo só se fai na Ramallosa e temos 14 nenos/as no CEIP (o grupo de 6 a 12 anos) e na escola infantil outros 14 (o grupo de 3 a 6 anos). 

Durante as próximas semanas seguirán traballando na temática deste verán no Diverteo: a historia arqueolóxica de Teo. Dende o concepto Teo-gloditas os/as nenos/as puideron coñecer un pouco máis da prehistoria, da idade dos metais e agora da época Castrexa. Contan cunha arqueóloga ficticia, Enar Salgueiro, coa que van aprendendo cousas da historia do seu territorio a través de probas e desafíos. 

Dende a coordinación do programa tamén nos indican que este ano ten especial importancia traballar na educación en hábitos saudables con medidas de protección e prevención fronde á pandemia. Así mesmo abórdase a igualde de xénero, a educación en valores e a medioambiental... Nesta quincena de agosto tamén contarán cunha enfermeira coa que farán talleres de hábitos nutricionais. 

Diverteo de setembro

Por outra banda dende Benestar traballan no deseño do Diverteo de setembro e nos do próximo curso xa que a dispoñibilidade de espazos pode engadir dificultades ao non contar xa cos espazos das escolas intantís que comezan o curso o 1 de setembro. Esto vai repercutir seguramente nas prazas que se poidan ofertar en cada edición do Diverteo xa que as medidas fronte a covid indican o número de nenos/as por grupo. 

diverteo