O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno ordinario votará un suplemento de crédito para reducir débeda

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 29 de xullo nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Un dos puntos da orde do día contempla a aprobación dun suplemento de crédito con carto ao remanente líquido de tesourería para reducir débeda bancaria. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Dación de contas das resolucións da alcaldía (da 576/2020 á 655/2020).
  2. Ditame da proposta da alcaldía de suplemento de crédito con cargo ao RLTGX co obxecto de reducir a débeda. 
  3. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da memoria descritiva no programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono (FEDER-POCS 2014-2020)- FaseII. 
  4. Mocións 
  5. Rogos e preguntas
Casa Concello