O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O goberno municipal atende unha solicitude de reunión de representantes de Toca Salgado

| compartir:

Hoxe tivo lugar no concello de Teo unha reunión entre persoal municipal e os representantes de Toca Salgado SL (Toysal). A entrevista foi solicitada á Alcaldía por D. Víctor Manuel Toca, e nela estiveron presentes, ademais do Alcalde Rafael Sisto e Víctor Manuel Toca, a Secretaria Xeral, o Arquitecto municipal, a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, así como un asesor legal da empresa.

Na reunión tratáronse temas propostos pola empresa, sobre os que os representantes municipais aclararon cuestións técnicas e administrativas, dentro das competencias medioambientais e urbanísticas municipais. 

 

canteira