O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello de Teo coloca indicadores para peregrinos no Camiño da Geira e dos Arrieiros

| compartir:

O Concello de Teo, a través da Concellaría de Cultura e Patrimonio, vén de colocar indicadores para peregrinos no Camiño da Geira e dos Arrieiros. Deste xeito quere colaborar en obter o recoñecemento da ruta por parte da Xunta de Galicia. 

Dende a área de Patrimonio da Concellaría de Cultura, procedeuse nas últimas semanas, a limpeza e desbroce do Camiño da Geira e dos Arrieiros, labor que rematou coa colocación esta semana, de máis de 50 postes indicadores ao longo do citado camiño ao seu paso polo Concello de Teo. 

Esta acción inclúese dentro do plan da Concellaría de Cultura de atender con especial mimo esta ruta, co fin de contribuír a acadar o demandado recoñecemento oficial da Xunta de Galicia, que se sumará ao xa existente outorgado polas instituciones eclesiásticas da capital galega. 

Dende a Concellaría de Cultura, segundo explica a concelleira, Mayte Argibay, "queremos agradecer a colaboración activa e desinteresada da Asociación Cultural Codeseda Viva, na sinalización e divulgación deste Camiño". 

A ruta do Camiño da Geira e dos Arrieiros, parte de Braga ( Portugal ), e transcurre por varios municipios, entre eles Teo, ata entrar en Santiago pola Porta da Mámoa, seguindo a principal a principal ruta dos Arrieiros que transportaban o viño do Ribeiro ata Santiago.

Este camiño, "está gozando nos últimos anos de gran popularidade entre os peregrinos, e segundo fontes solventes, ya se contabilizaron máis dun millar de peregrinos percorrendo esta nova ruta" indica a concelleira Mayte Argibay. 

Segundo nos informan dende a asociación Codeseda Viva, os peregrinos xa empezan a retomar a ruta nesta tempada post-covid con expedicións dende Oporto.

 

camiño