O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello programa observacións astronómicas o 25 de xullo e o 7 de agosto

| compartir:

O Concello participa de novo no programa de coñecemento da astronomía impulsado polo Observatorio Ramón María Aller da USC. Trádicionalmente esta iniciativa tiña o nome de Todocosmos e nesta edición leva por nome A astronomía nas Rutas Xacobeas. Pero o obxectivo é o mesmo, achegar o mundo da astronomía á poboación xeral. Neste ocasión hai programadas dúas observacións para o sábado 25 de xullo e para o venres 7 de agosto. 

O sábado 25 de xullo realizarase unha observación astronómica na área da Piollosa. O punto de encontro ás 21:00 horas será a Casa Común de Francos onde se falará sobre A vida dos exoplanetas antes de facer a observación. O venres 7 de agosto realizarase unha observación astronómica no monte da Grela, en Lampai.  O punto de encontro ás 21:00 horas será a Casa Común de Lampai onde se falará sobre Os meteoros e as perseidas antes de facer a observación.

Segundo indican dende a Concellaría de Deportes para participar nestas actividades é preciso anotarse. Para facelo hai que enviar un correo electrónico a deportes@teo.gal. No asunto da mensaxe indicarase a data da observación á que se quere asistir e no texto da mensaxe hai que indicar os datos persoais do/a participante e un número de teléfono de contacto. Para máis información pódese chamar ao 981.815.700 e preguntar pola área de Deportes. 

cartaz