O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O domingo haberá servizo de transporte gratuíto para os colexios que cambian de ubicación

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, publica un bando sobre o transporte gratuíto para a xornada electoral para os colexios que cambiaron de ubicación. Diante da convocatoria das eleccións autonómicas do día 12 de xullo, considerando que pola situación creada pola pandemia da COVID-19 autorizouse o traslado dos colexios electorais tradicionalmente situados na MEDIATECA de Cacheiras para o pavillón Ezequiel Mosquera da RAMALLOSA, e na Escola da CASALONGA para o pavillón Municipal de CALO, e que isto pode provocar que as persoas que queiran exercer o seu dereito a voto non teñan medios adecuados para trasladarse ata o colexio electoral que agora lles corresponde infórmase: 

Primeiro. Que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza , da Xunta de Galicia, estableceu durante a xornada electoral TRANSPORTE GRATUÍTO para as persoas que deban trasladarse aos novos colexios electorais.

Segundo. Que o SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUÍTO AO COLEXIO ELECTORAL na xornada electoral do día 12 de xullo, que irá debidamente identificado, terá as seguintes características:

MESAS 01 001 A e 01 001B (antes na MEDIATECA)

Saídas cara A Ramallosa (Pavillón Ezequiel Mosquera).

Domingo 28 ás 10.00h, 11.00h, 12.00h, 18.00h e 19.00h

Horas de saída dende a rotonda da Gaiteira (GADIS)

Servizo de volta dende A Ramallosa ás 10.40h, 11.40h, 12.40h, 18.40h e 19.40h

Este autobús fará as seguintes paradas tanto nas viaxes de ida coma de volta: Rotonda da Gaiteira, Mediateca, Cruce estrada do cemiterio, mercadillo de Cacheiras, Centro de saúde de Cacheiras e ITV. 

No colexio da Ramallosa estará aberto o portalón grande para que se poida usar o aparcamento e facilitar o acceso ao pavillón.

MESAS 01 005 A e 01 005B (antes na Escola CASALONGA)

Saídas cara Pavillón Municipal de CALO. 

Horas de saída dende Casa Común de FRANCOS.

Domingo 28 ás 10.00h, 11.00h, 12.00h, 18.00h e 19.00h

Horas de saída dende a Casa Común de Francos.

Servizo de volta dende Calo ás 10.40h, 11.40h, 12.40h, 18.40h e 19.40h

Este autobús fará as seguintes paradas tanto nas viaxes de ida coma de volta: Francos (Casa Común), O Espiño, Gasolineira de Casalonga, Rúa da Estación, A Pedreira, Ameneiro e Texexe. 

Se algunha persoa precisa contactar co Concello para solventar algunha dúbida durante a xornada electoral pode chamar ao 981.815.700. 

 

bus

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Bando 10 de xullo transporte electoral.pdf 162.67 KB