O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello asinou un convenio de colaboración con Augas de Galicia para a substitución da rede de abastecemento na rúa Loureiro, no lugar dos Tilos, por importe de 30.100,99 euros, financiado integramente pola entidade pública empresarial.
Debido a antigüidade da rede de abastecemento, prodúcense continuas avarías que, ademais de provocar un trastorno para a veciñanza, implican un custo importante para as arcas do Concello. Actualmente, a maioría das avarías teñen lugar na rede de abastecemento na rúa Loureiro polo que se considera prioritaria a substitución deste tramo para poñer fin a esas continuas avarías.
A rede de abastecemento da rúa Loureiro, obxecto deste proxecto, está formada por una tubaxe de polietileno de 90 mm de diámetro. Dende esta rede principal, parten todas as acometidas que dan servizo aos edificios situados ao longo de toda a rúa. A condución de abastecemento proxectada abarcará todo o tramo da rúa Loureiro que discorre entres as rúas Carballo e Ameneiro.
A solución proposta é a instalación dunha rede xeral de abastecemento de PVC de 90 mm de diámetro e 16 atm de presión e cunha lonxitude total de 425 metros. A escavación para a instalación da nova tubaxe realizarase pola beira esquerda da rúa Loureiro, xa que é por onde vai a rede actual e tamén onde están a maioría dos edificios aos que dá servizo.