O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello licita o contrato para o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Augas Mansas, por importe de 127.832,42 euros. Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar as ofertas ata o vindeiro 2 de decembro.
As obras previstas consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe deste viario. Procederase á limpeza de gabias e ao reasfaltado da calzada mediante aglomerado asfáltico, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Falamos dunha lonxitude de 1.870 metros con anchuras variables e unha superficie total a aglomerar de 8.075 m2. Tamén se procederá á subida de 181 tapas de rexistro e á correspondente sinalización horizontal e vertical coa colocación de sinais.
O deterioro do viario municipal en xeral é consecuencia da antigüidade do último pavimento realizado polo Concello, así como das inclemencias meteorolóxicas e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, polo tráfico de vehículos diario que discorre por él. As actuacións previstas neste proxecto pretenden resolver o deficitario estado de conservación do pavimento desta calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave prexuízo no uso destas infraestruturas pola veciñanza.