O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O auditorio municipal da Ramallosa acollerá do 7 ao 30 de novembro a obra artística “Xacias do Ulla”, de David Orihuela Conde.
A exposición estará formada por 13 pezas elaboradas con lapis, carbón, xiz e creta sobre papel gris. A través destas pezas desenvolverase a temática das Xacias, partindo da importancia referencial do río Ulla, e dando a coñecer estes fantásticos seres das augas.
Os interesados poderán desfrutar desta exposición de luns a venres, en horario de mañá (9.00 a 14.00 h) e de tarde (17.30 a 19.30 h).
Ademais, o propio venres 7 de novembro ás 19.00 horas, o artista fará un percorrido dramatizado e didáctico sobre a dita exposición.
O artista, con formación en Belas Artes e Historia da Arte, leva anos ligado á creación e formación artística, de feito é un dos profesores do obradoiro municipal de artes plásticas. Tamén traballa no eido editorial coa creación de ilustracións e textos de libros infantís. Tamén foi o creador do xogo de mitoloxía “Mitogali”, con ilustracións de personaxes da mitoloxía galega.