O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Igualdade programa un obradoiro de autoestima para o mes de xuño

| compartir:

A Concellaría de Igualdade organiza un obradoiro de autoestima para mulleres que se celebrará o mes de xuño. Despois de dous meses de confinamento, ofértase esta actividade coa intención de que as mulleres se poidan dedicar un pouco de tempo, facendo fincapé no autocoidado e o autocoñecemento. Tamén se aprenderán a xestionar aquelas emocións negativas que probablemente apareceron nesta etapa. 

O obradoiro farase do 3 ao 29 de xuño no Auditorio Municipal Constante Liste con dúas sesións semanais: os luns e mércores de 18:00 a 19:30 horas. 

As mulleres interesadas poden anotarse chamando ao teléfono do Centro de Información á Muller (CIM), o 981.938.475. A actividade é de balde e as prazas son limitadas. 

Dende o CIM destácase que se cumprirán con todas as medidas de seguridade e mantemento da distancia física de seguridade. 

Esta actividade conta con financiamento de fondos europeos. 

autoestima