As bibiotecas municipais abren cumplindo coas medidas de seguridade recomendadas

19-05-2020
biblioteca

As BPM do Concello de Teo, reabren as portas a partir do día 18 de maio

Durante a FASE 1 do desconfinamento, o horario de atención ao público, será o seguinte:

   BPM do Grilo-Cacheiras: de luns a venres, entre as 10:00 e as 13:00 horas.

   BPM - Os Tilos : de luns a venres, entre as 14:00 e as 18:45 horas.

 SERVIZOS QUE SE VAN PRESTAR DURANTE A FASE 1 DO DESCONFINAMENTO:

   1. DEVOLUCIÓN DE MATERIAIS PRESTADOS

      Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca.

      ( Unha vez entregados, pasarán un período de corentena ( 14 días ) antes de volver aos andeis, para garantir a seguridade dos usuarios).

   2. PRÉSTAMO A DOMICILIO

    Para evitar aglomeracions puntuais e garantir o distanciamento físico, realizarase baixo demanda con CITA PREVIA, mediante a solicitude por teléfono ou e-mail dos libros ou materiais que se precisen retirar.

    O persoal da biblioteca será o encargado de localizalos e entregalos ás/aos usuarios cando se acheguen á biblioteca para recollelos. NESTA FASE NON ESTÁ PERMITIDO O ACCESO ÁS COLECCIÓNS.

  3. INFORMACIÓN BIBLIOGRÁFICA E BIBLIOTECARIA

   Farémola, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.

SERVIZOS QUE NON ESTARÁN DISPOÑIBLES DURANTE A FASE 1 DO DESCONFINAMENTO :

   - Actividades Culturais, actividades de estudo-lectura en sala, así como calquera outro servizo destinado ao público distindo dos mencionados nos puntos anteriores.

 - Nesta fase, non estará permitido o acceso e libre circulación polas salas da biblioteca, excepto nos espazos delimitados para realizar a devolución e préstamo de materiais. Porén, non se poderá acceder á sala infantil, ás salas de consulta/estudo, nin ao servizo de Internet ( computadoras Aula da Deputación ).

 - Tampouco se permitirá o acceso directo aos andeis onde se atopan as coleccións, os materiais só poderán ser retirados e entregados polo persoal bibliotecario.

 -  Restrínxese o acceso aos servizos , ao non poderse garantir a súa hixienización despois de cada uso.

   PROTOCOLO A SEGUIR PARA ACCEDER Á BIBLIOTECA

 - Como é lóxico, non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en periodo de corentena domiciliaria por estar en contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

 - Os usuarios, deben entrar nas instalacións INDIVIDUALMENTE, agardando pola súa quenda no recibidor.

  -  No caso de nenos  menores de 14 anos, deberán estar acompañadas por un adulto. ( Poderán acudir dúas crianzas máximo acompañadas por un adulto que se faga responsable delas).

  - Deberase manter unha distancia física de cando menos 2 m.

   - Recoméndase acudir CON MÁSCARA de protección facial.

   - Antes de entrar, os usuarios deberán desinfectar as mans empregando xel hidroalcohólico que atoparán nun dispensador colocado na entrada a tal fin.

 

   CONTACTO

     - Teléfono : - mañá : 981 80 64 00

                          - tarde : 881 064 128

   - Correo electrónico: mediateca@teo.gal

                                           bibliotecatilos@teo.gal