O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Promoción Económica prepara un directorio dos establecementos comerciais de Teo

| compartir:

A Concellaría de Promoción Económica quere realizar un directorio dos establecementos de Teo que van comezar a abrir nas diferentes fases do plan de desescalada. Nestes momentos é máis importante ca nunca poder mercar no comercio de proximidade. Iria Otero, a concelleira responsable de Comercio destaca que "queremos traballar nese directorio para difundir de xeito que a cidadanía saiba onde atopar en Teo os produtos que precisa".

Se tes un establecemento comercial en Teo escribe a comercio@teo.gal e indica no asunto da mensaxe APERTURA. No correo indica o nome do comercio, o enderezo e o sistema de contacto (teléfono e/ou enderezo electrónico) no caso de utilizar a cita previa na reapertura. Se precisas facer algunha consulta telefónica sobre este asunto podes chamar ao teléfono 604080470.

 

directorio