O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A Fegamp recomenda deixar os contedores coa tapa pechada

| compartir:

A Fegamp enviou unha circular informativa sobre a decisión de ter os contedores coa tapa aberta ou pechada nesta crise sanitaria. A recomendación da Fegamp é telos pechados, como se está facendo no Concello.

A contaminación de coronavirus polo contacto directo coas tapas dos contedores pódese evitar co uso de luvas cando se vaia depositar o lixo, botando un xel hidroalcólico e lavando as mans con auga e xabón. Estas medidas son efectivas e evitan a exposición da poboación aos riscos sanitarios derivados de deixar as tapas dos contedores abertas.

AS TAPAS DOS CONTEDORES DEBEN ESTAR PECHADAS POR:

  1. Hixiexe: Nun só contedor poden almacenarse ata 200 quilos de restos de todo tipo. Aínda que os contedores da fracción resto/orgánico se recollen máis a miúdo, no seu interior proliferan bacterias que teñen posibilidade de espallarse se se deixa o contedor aberto. Por iso é importante non botar nunca lixo a granel e sempre facelo en bolsas ben pechadas. Así mesmo, son claras as indicacións que se están a dar sobre o depósito dos refugallos de fogares con casos de Covid-19, e esa cautela non é consecuente coa indicación de deixar a tapas abertas.
  2. Cheiros: O principal inconveniente dos contedores é o cheiro. Cabe insistirlle á cidadanía que deposite os seus refugallos ben embolsados e selados, e nos días e horarios máis próximos ao momento da recollida.
  3. Proliferación de animais e insectos: Un contedor aberto ou bolsas ao pé do mesmo facilita que animais como cans ou gatos abandonados, ratas, etc. acudan, rachen as bolsas e esparexan os refugallos. Os animais converten ese punto na súa fonte de alimentación e colonizan a zona. Asemade, proliferan os insectos (cascudas, moscas, mosquitos, etc.). Manter os contedores pechados axuda a manter as pragas máis afastadas dos nosos barrios, pobos e fogares.
  4. Economía: No caso de contedores de recollida de papel ou cartón, este material perde o sue valor se se molla. Tamén valen menos os refugallos do contedor amarelo se teñen moitos impropios que poderán aumentar ao estar as tapas abertas e permitir o depósito doutros materiais. Unha boa separación en orixe permite que os centros xestores lle paguen aos concellos polo traballo de separación realizado. Esta contraprestación serve para financiar os custos da recollida (os salarios de condutores e operarios, o seu vestiario laboral, os camións, o gasoil, etc) e para que os cidadáns paguen o menos posible.

Á vista desto a Fegamp recomenda que se deixen os contedores pechados.

Consulta aquí a circular completa da Fegamp

Máis información sobre a xestión do lixo durante a crise sanitaria premendo aquí

contedor

Arquivos descargables