O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Youtubeir@s adianta as bases da nova edición para fomentar a creatividade durante o confinamento

| compartir:

Arrinca unha nova edición do programa Youtubeir@s coa presentación das bases para este ano e coa intención de animar á cidadanía a fomentar a creatividade nestes días de confinamento. O certame Youtubeir@s nace coa finalidade de animar a creación de vídeos en galego na rede. Podes consultar as bases completas premendo aquí.

Youtubeir@s é un programa que organizan e manteñen os servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Rianxo, Teo e O Grove, as universidades de Santiago, A Coruña e Vigo ademais da Deputación da Coruña. O Concello de Teo participa no mesmo dende a primeira edición.

As entidades organizadoras deste proxecto acordaron facer públicas as bases antes de iniciar o prazo de participación para facilitarlles a todas as persoas interesadas as condicións que deberán reunir para optar a algún dos galardóns. Deste xeito, a vitalidade creativa que se está amosando durante o período de confinamento poderá canalizarse tamén á participación nos premios.

Se queres participar neste certame poderás anotarte dende o 27 de maio no formulario de inscrición da web Youtubeir@s. O prazo para presentar vídeos remata o 23 de outubro de 2020 e a participación é de balde.

Esta iniciativa nace  co obxectivo de ampliar o uso do galego na produción audiovisual non profesional que se distribúe polas redes, convidando as persoas a compartiren contido en galego e a incorporaren a nosa cultura, as nosas tradicións e o noso saber a estas canles e colaborando a difundir os traballos e as persoas que os producen para crear e asentar a comunidade youtubeira. Ademais dos premios dende Youtubeiros trabállase tamén na formación, divulgación ou en encontros coa comunidade.

Concurso e premios

O evento máis sobranceiro do programa, activo desde 2016, é a convocatoria anual do concurso, que este ano incorpora novidades. A primeira e máis destacada é a modificación e ampliación de categorías, que pretende dar cabida á totalidade de xéneros que se están producindo e tamén recoñecer un abano máis amplo de cuestións relevantes no fenómeno youtubeiro. Como resultado desta modificación aumenta tamén o orzamento dedicado aos premios que chega aos 7.500 euros repartidos en 12 categorías.

Haberá tres premios principais dotados con 1.000 euros cada un para a mellor canle, @ mellor youtubeir@ e o mellor vídeo. E 9 premios dotados con 500 euros que premiarán a calidade lingüística, o impacto, a calidade técnica, a comunicación, a creatividade, a mellor creación musical, a capacitade didáctica, ser pioneiro co uso da lingua galega e un premio outorgado polo público.

Os vídeos inscritos no concurso teñen que estar publicados na plataforma Youtube con data posterior ao 27 de setembro de 2019, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiros #youtubeiras na descrición do vídeo.

youtubeiros

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
basespublicas_premiosyoutubeiras_2020_.pdf 514.94 KB