O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A Concellaría de Educación pon en marcha o servizo de apoio escolar

| compartir:

Dende a Concellería de Educación somos conscientes de que na situación de Estado de Alarma o alumnado ten que seguir a súa formación nos seus fogares. Para tratar de paliar unha posible fenda educativa nas familias teenses, ben por carecer de medios ou recursos necesarios, activamos o servizo de Apoio Escolar en colaboración co tecido educativo: centros educativos e as ANPAS.

Este consta de varias liñas de actuación de balde para facer fronte á situación, e para facilitar a tarefa ó alumnado, ás súas familias, e ao profesorado durante o confinamento. Entre eles están: imprimir e facer fotocopias de traballos escolares e dos apuntes imprescindibles para levar a cabo a actividade lectiva, así como  trasladar material educativo ós seus fogares, como libros que lles quedasen ó alumnado nas aulas dos centros
ou ben nas taquillas etc. e que sexan necesarios para o correcto seguimento do curso.

Aquelas familias que o precisen, a partir vindeiro martes día 14 de abril poden facer a súa solicitude á Concellaría de Educación a través do enderezo electrónico: educacion@teo.gal. No correo electrónico débense indicar os datos do/a neno/a así como o seu enderezo e un teléfono de contaco. 

Unha vez recibida a solicitude tramitarase, e a través do persoal municipal entregarase no enderezo indicado.  Así mesmo, quedamos á disposición da comunidade educativa para o que precisedes e que estea nas nosas mans.

Descarga aquí o cartel informativo do servizo de apoio escolar. 

 

apoio escolar

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Servizo Apoio Escolar.jpg 122.16 KB