O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As escolas culturais continúan funcionando en Semana Santa

| compartir:

As Escolas Culturais non paran e seguen en Semana Santa coas súas procesións de clases on line, ben a través de plataformas privadas,  con  videos titoriais, ou en emisión en directo como  en streaming noutros. Aquí un pequeno exemplo de parte do que se fai, que poñemos en aberto para que se anime calquera dende as súas casas a culturear un pouco nestes tempos de confinamento.


ESCOLA DE ARTES PLÁSTICAS: No obradoiro de Artes Plásticas seguen a traballar personaxes da TV, cine e da banda deseñada neste en concreto podedes aprender a pintar o Rei Julien e no outro a Super Rato, en tan só uns minutos, animádevos?

https://www.youtube.com/watch?v=Q5RiylweOLg&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=TzKN2eeu5js&feature=youtu.be

ESCOLA DE GUITARRA: a escola de guitarra segue en harmonía, rasgueando e punteando dende a casa! Aquí vos amosamos o tema no que están a traballar o grupo 4.
 

https://youtu.be/0xUNp4DkCFw


ESCOLA DE PROGRAMACIÓN: Animadesvos a seguir un destes videotutoriais de programación? Nunca é tarde para aprender algo novo

https://auladesafio.com/videotutoriales/

ESCOLA DE TEATRO: As aulas de Teatro conéctanse entre eles en liña para non perder o efecto do directo nin o ritmo dos ensaios. 

 

escolas culturais