O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Información sobre a xestión de residuos en fogares positivos ou en corentena

| compartir:

O Concello está realizando nestes días, na semana do 6 de abril, a limpeza e desinfección dos contedores de todo o termo municipal. As tarefas de limpeza estanse facendo dende o servizo de xestión de recollida de lixo. 

En relación coa xestión de residuos en fogares con positivos por Covid -19 ou en corentena hai que ter en conta as recomendacións das autoridades. En Teo a recollida de residuos sólidos urbanos continúa coa mesma frecuencia. O lixo das residencias e centros de saúde xestiónase a través de empresas autorizadas. Por outra banda nesta semana estase reorganizando o traballo do servizo de limpeza viaria deixando traballas non urxentes e comezando a facer desinfección nalgúns espazos como acceso a supermercados, farmacias...

En relación aos residuos en fogares con positivos ou en corentena segundo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, os residuos do paciente, incluído o material desbotable utilizado pola persoa enferma (luvas, panos,
máscaras), hanse de eliminar nunha bolsa de plástico (BOLSA 1) nun cubo de lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.

A bolsa de plástico (BOLSA 1) debe pecharse adecuadamente e introducila nunha segunda bolsa de lixo (BOLSA 2), á beira da saída da habitación, onde ademais depositaranse as luvas e máscara utilizados polo coidador e pecharase adecuadamente antes de saír da habitación. A BOLSA 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de lixo (BOLSA 3) correspondente ao cubo de fracción resto. A BOLSA 3
tamén se pechará adecuadamente. Inmediatamente despois realizásese unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos 40-60 segundos.

A BOLSA 3 depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto1, no caso de Teo no contedor verde. Está prohibido depositala nos contedores de recollida separada de calquera das fraccións separadas (envases, papel, vidro ou téxtil) ou o seu abandono na contorna.

Manexo domiciliario dos residuos en fogares sen positivos ou corentena

No caso dos fogares sen positivos nin en corentena, a separación dos residuos realizarase como vén facéndose habitualmente. Co fin de reducir ao máximo a fracción resto (ou fracción seca onde sexa aplicable) que chega ás plantas de tratamento, convén lembrar aos cidadáns a importancia de optimizar a recollida separada das distintas fraccións (papel/cartón, vidro, envases, orgánica no seu caso), e depositar nos seus contedores unicamente os residuos correspondentes a tales fraccións.

Por último, lémbrase aos cidadáns que as luvas de latex ou nitrilo empregados para facer a compra ou outros usos non son envases e por tanto non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo). Deben ir ao verde.

Podes ampliar a información sobre as recomendacións da Consellería de Medio Ambiente sobre a xestión dos residuos premendo aquí e aquí

Tamén podes consultar premendo aquí a orde SND/271/2020, de 19 de marzo, pola que se establecen instrucións sobre xestión de residuos na situaicón de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

lixo