O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo apoia a campaña "Calcetíns desparellos" para conmemorar o Día do Síndrome de Down

| compartir:

O Concello de Teo apoia a campaña "Calcetíns desparellos: tan diferentes coma iguais" coa que se conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down. Con esta iniciativa quérese visibilizar esta problemática a través das redes sociais. Para eso pídese que os días 20 e 21 de marzo poñamos calcetíns desaparellos e subamos fotos ás redes sociais cos cancelos: #Tandiferentescomaiguais; #CalcetínsDesparellos e #DíaMundialSíndromeDown

O Concello de Teo únese a esta conmemoración coa colocación dunha lona no balcón da Casa do Concello na que se explica o que podemos facer. Con esta iniciativa, segundo explica Down Compostela, quérese resaltar a diversidade que existe na sociedade e reclamar a igualdade de oportunidades para todas as persoas.

Nestes días de reclusión por mor da crise sanitaria do Covid-19 esta pode ser unha boa iniciativa para facer toda a familia e lembrar a diversidade das persoas que formamos partes da sociedade.

Día Mundial da Síndrome de Down

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas, en decembro de 2011, designou o 21 de mazo como Día Mundial de Síndrome de Down (as persoas con esta síndrome teñen 3 cromosomas no par 21), como medida para xerar unha maior conciencia social e recoñecer a valía das persoas coa síndrome de Down.

Se queres compartir a imaxe da campaña nas túas redes sociais podes descargar aquí a imaxe

Calcetíns desparellos

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
PostFacebook_Down_Teo_21Marzo.jpg 396.57 KB