O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Suspensión dos prazos administrativos mentras dure o estado de alarma

| compartir:

O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que de declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 establece, na Disposición adicional terceira, a suspensión dos prazos administrativos.
Esto siginifica que o prazo de novo ingreso nas escolas infantís que comezaba mañá martes 17 QUEDA SUSPENDIDO. Unha vez remate esta situación comunicarase a apertura dun novo prazo.

Podedes consultar o texto completo do Real Decreto na seguinte ligazón: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-3692

Cobro do imposto de vehículos

Dende a Deputación, encargada da recadación dos tributos municipais, tamén se comunicaca que os prazos vixentes de pago de todas as taxas e impostos pendentes quedan en suspenso e van ser ampliados, polo que a cidadanía non debe preocuparse se ten un trámite pendente cos servizos de xestión e recadación tributaria da Deputación.

O goberno provincial informa tamén de que a primeira campaña de recadación voluntaria deste ano, na que se cobran o imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) e outras taxas, queda aprazada ata novo aviso.

 

escolas