O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

"Cóntalle a outra que non é traballo" a mostra que celebra en Teo o Día da Muller

| compartir:

O 8 de marzo é a data escollida como Día Internacional das Mulleres. Con esta conmemoración quérese reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. Ten a súa orixe nas reivindicacións das mulleres traballadoras para acadar melloras e recoñecemento do traballo feito por mulleres.

Seguindo coa liña de iniciativas como a homenaxea ás leiteiras ou ás costureiras, o proxecto de recollida de testemuños e imaxes quere promover a reflexión en canto á situación pasada e actual da muller no concello.

Unha imaxe, unha historia

As fotografías evocan historias, e o testemuño fainas reais. Mª Carmen traballou ata os 49 na agricultura e rematou aprobando unhas oposicións. María traballou en Suíza na limpeza dun hospital, foi perruqueira, enfermeira, deixou eses traballos para ocuparse dos coidados da súa filla e dos seus fillos. Aurora collía o tren para ir vender na praza de Santiago o que daba a súa horta de Francos. Elena botaba un día enteiro facendo as miudanzas da matanza. Josefa camiñaba 5 km para chegar á fábrica na que traballaba de costureira.

A exposición inaugurarase 7 de marzo no Mercado do Alimento Labrego de Teo e a partir do 9 de marzo quedará exposta no salón de plenos do Concello.

Muller e ciencia

Seguindo cos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller e coincidindo que o 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Concello de Teo traerá a mostra das mulleres Premio María Josefa Wonenburguer, que recoñece ás mulleres científicas de Galicia. A mostra estará do 24 ao 27 de marzo no colexio dos Tilos, o 28 no mercado labrego e do 30 de marzo ao 7 de abril na piscina municipal da Ramallosa.

Dentro da programación prevista para celebrar o Día da Muller tamén está previsto realizar unha excursión para mulleres que se fará o 19 de abril.

 

mural

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Cartel 8M 2020.jpg 1.03 MB