O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A concellaría de Cultura, dirixida por Mayte Argibay, comunica que a escola cultural de programación e robótica conta con prazas vacantes. Deste xeito ábrese un prazo para inscribirse ata o 25 de febreiro. As prazas ofertadas son seis e asignaranse por orde de inscrición.
O obradoiro realízase os xoves de 16:00 a 17:00 horas na Aula de informática municipal e e está dirixido a nenos/as nados dende o 2011 ata o 2012. Nesta escola cultural achégase á rapazada a conceptos coma o deseño 3D, a realidade aumentada ou a realidade virtual.
Podes descargar aquí a ficha de inscrición ou nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
O custe desta actividade é de 20 euros por trimestre. A Aula de informática está situada no Auditorio Municipal Constante Liste, na Ramallosa.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| fichainscricion escola cultural robotica nenos 2020.jpg | 126.77 KB |
| folleto escola cultural robotica nenos 2019-1.jpg | 752.9 KB |