O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A aula de informática programa un obradoiro para crear a túa careta

| compartir:

A Aula de informática municipal programa de cara aos días de entroido un obradoiro para crear a túa careta. Esta actividade, que é de balde, está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos. O obxectivo do taller é que aprendan a debuxar no ordenador utilizando o programa Paint. 

O obradoiro farase os días 24 e 25 de febreiro de 10:00 a 11:30 horas cun total de tres horas de duración. As persoas interesadas en participar poden facelo ata o 21 de febreiro. O número máximo de prazas é de 8, que se asignarán por orde de inscrición, e un mínimo de 5 para poder realizalo. 

Para inscribirse hai que entregar a ficha de inscrición debidamente cuberta no Rexistro Xeral do Concello. Podes recoller as fichas na Aula de informática, nas oficinas municipais ou descargala premendo aquí

A Aula de informática municipal está no baixo do Auditorio Municipal Constante Liste. 

aula

Arquivos descargables