O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello de Teo presenta a XXIV edición do Concurso Morfolóxico Cabalar, a cal terá lugar o último día de agosto, o domingo 31, no lugar de Ribas, na parroquia de Oza. Unha cita marcada en vermello no calendario deste tipo de certames, onde se exhibirán os mellores exemplares de Pura Raza Autóctona e Española. Haberá concurso de beleza, doma e probas de arrastre.
Como todos os anos, o dito concurso -no que colabora a Asociación Amigos do Cabalo de Teo e medio cento de empresas privadas- pon en valor a figura do cabalo, un animal que no municipio teense ten gran relevancia posto que é o gran protagonista en diversos eventos culturais. Mostra diso son os famosos Xenerais da Ulla ou a feira cabalar do San Martiño de Francos, ambas declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia.
Ademais, a xornada estará amenizada con animación musical, xogos populares e diversos obradoiros para a cativada, que comezarán ás 17.00 horas da tarde. Tamén estarán presentes diversos postos de alimentación e, durante toda a xornada, unha pequena exposición de motos antiga para o desfrute da veciñanza.
Programa
Como cada ano, sobre as 8.30 horas da mañá procederase á apertura de inscricións, onde cada propietario de animais deberá entregar á Organización do evento a carta de orixe no momento de formalizar a inscrición.
A partir das 10.00 horas comezarán as distintas exhibicións de poldros, percheróns, cabalos e eguas, rematando a xornada con probas de arrastre cara ás 18.30 horas da tarde. Seguidamente, procederase á entrega de premios, dando así por concluída a edición de 2025.
Pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá unha variada oferta de actividades para a rapazada, tal como un obradoiro para facer chapas de cabaliños, xogos populares e de habilidade, así como un parque de inchables. Este ano, como novidade, acompañaranos Os Bolechas coa súa caravana chea de sorpresas e unha nova misión: superar “O gran reto deportivo”, enmarcada no programa Falaredes 2025 da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. Ademais, poderán desfrutar dos postos de frigolosinas de balde e rematar a xornada coa tan ansiada festa da escuma sobre as 20.00 horas.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| Cartel programa infantil CONCURSO CABALAR (3).png | 4.78 MB |