O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Cortes programados no subministro de rede eléctrica para o día 20 de agosto en varias zonas do concello

| compartir:

A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Teo de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o día 20 de agosto en varias zonas do concello, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. 

Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares no seguinte horario:

*Entre as 00.00 e as 03.00 horas o corte será en:

  • Travesía da Ramallosa: números 3, 15, 46, 68.

* Desde as 01.00 e as 04.00 horas o corte será en:

  • Rúa Agro da Ramallosa: números 4, 6, 8, 10.
  • Rúa da Lagoa: número 2. 

*Entre as 02.00 e as 05.00 horas, os lugares afectados serán:

  • Rúa Agro da Ramallosa: número 3.
  • Travesía da Ramallosa: números 105 e 107
foto