O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Cultura porá en marcha un arquivo oral patrimonial do entroido dos Xenerais

| compartir:

Dende a Concellaría de Cultura traballan na recollida do patrimonio oral dos entroidos dos Xenerais, sendo un dos obxectivos deste mandato. Contarase coas comisións organizadoras das parroquias para facer unha recollida de documentos orais e escritos que posteriormente serán documentados, catalogados e dixitalizados (faranse gravacións dos atranques, das vivas e dos cantares).

Tamén se recollerá información adicional sobre as persoas que interpretan, quen foron as creadoras das coplas, os días e sitios e percorridos dos entroidos, etc. A finalidade deste traballo será pór en marcha un arquivo sonoro, tanto físico no Arquivo Municipal, como nun espazo en liña posteriormente, e que poida estar a disposición de calquera persoa interesada
en atranques, coplas, e todo o demais que ano tras ano se expón nos entroidos das nosas parroquias e as poidan escoitar e reproducir.

O arquivo oral de Teo será outro xeito de achegarse aos entroidos dos Xenerais, tentando preservar outras formas de cultura e apoiando ás parroquias que seguen traballando para manter viva esta tradición. Dende a área de Cultura tamén se potenciará "a súa difusión, promoción e transmisión desta expresión da cultura das nosa veciñanza, que de maneira directa ou indirecta forma parte da nosa identidade" indica a concelleira de Cultura. 

Segundo explica Mayte Argibay, "trátase de pór en valor unha parte do patrimonio inmaterial
do Concello". Paralelamente á recollida documental en formato escrito e oral, tamén se ten pensado facer unha recollida
fotográfica e audiovisual para realizar posteriormente unha exposición colectiva.

entroido