O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

San Sadurniño xa conta cun novo espazo de lecer para as familias

| compartir:

O Concello de Teo investiu, a través da Concellaría de Servizos Básicos, preto de 40.000 euros para dotar a San Sadurniño dun novo parque infantil do que tamén se beneficiarán as familias da Póboa, Montouto e Os Tilos.

Esta instalación vén a substituír o antigo parque infantil que, ademais de estar en moi mal estado de uso, incumpría a normativa da Xunta de Galicia. Un importante esforzo económico para acometer unha completa renovación axustada á estrita normativa autonómica en temas de seguridade, así como a dotación de novos elementos de xogo que tivesen en conta a diversidade funcional de todas as persoas menores do concello.

Anexo biosaudable para persoas adultas

O parque infantil de San Sadurniño de Teo dispón dunha rede de escalada, randeeira, táboa e cesta, bambán ou tobogán. Tamén hai un espazo anexo biosaudable destinado ás persoas adultas. O Concello estima que son unhas 650 persoas e
medio cento as persoas menores de San Sadurniño e A Póboa que se poden beneficiar desta nova instalación lúdica.

A Concellaría de Servizos Básicos ten previsto continuar cun ambicioso programa de renovación dos parques infantís municipais, así como coa construción doutros novos, durante o mandato actual dende o 2019 ao 2023.

parque