O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello licita o contrato para o afirmado e acondicionamento do viario municipal que vai de Vilar de Vispo a Mosteiro, por importe de 101.116,41 euros. Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar as ofertas ata o vindeiro 12 de agosto.
O deterioro deste viario é consecuencia da antigüidade do último pavimento realizado polo Concello, así como das inclemencias meteorolóxicas e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, polo tráfico de vehículos diario que discorre por él. As actuacións previstas neste proxecto pretenden resolver o deficitario estado de conservación do pavimento desta calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave prexuízo no uso destas infraestruturas pola veciñanza.
Así, as obras previstas consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodamento deste viario. Procederase á limpeza de gabias e ao reasfaltado da calzada mediante aglomerado asfáltico, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Trátase dun tramo cunha lonxitude total duns 1.062 metros, con anchuras variables, e unha superficie total a aglomerar de 11.200 m2. Finalmente procederase ao recrecido de 60 tapas de rexistro existente e á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordes e colocación de sinais.