O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

As alfombras florais de San Miguel de Rarís cumpren 30 anos de celebración

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu esta mañá a parte da Comisión de Festas de San Miguel de Rarís para coñecer de primeira man os actos previstos para o mes de xullo. O máis destacado é, precisamente, a celebración dos 30 anos da realización das alfombras florais, un dos principais atractivos das festas dedicadas ao Santo Cristo e á Virxe da Soledad, xunto cos oficios relixiosos e actuacións musicais.

A rexedora felicitou aos asistentes polo seu gran traballo, pois as alfombras son auténticas obras de arte e reflexan a gran tradición desta parroquia, xa que os artífices desta celebración son os propios veciños e veciñas do lugar. 

Neste senso, salientou as horas de dedicación que permiten confeccionar estes grandes tapices, onde centos de miles de pétalos e flores conforman estas obras de arte. Uns días onde a veciñanza pode desfrutar do resultado desta fermosa tradición, que fai da parroquia de Rarís un referente no mes de xullo. Lucía Calvo de la Uz desexoulles toda a sorte do mundo e interesouse polas imaxes que este ano engalanarán o campo da festa. 

 


 


 

foto