O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A corporación reúnese no pleno ordinario de decembro

| compartir:

A corporación teense reúnese este luns 23 de decembro nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

Orde do día:

  1. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 949/19 á 1038/19). 
  2. Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual. 
  3. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do plan anual normativo 2020. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da designación de representante política do Concello de Teo nos órganos da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega. 
  5. Mocións. 
  6. Rogos e preguntas. 
casa do concello