O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O programa Apego comeza a ter programación estable en Teo

| compartir:

O Concello de Teo, que é un dos 30 concellos que forma parte do programa Apego desde finais do ano 2016, comezará no ano 2020 a ter unha programación estable, cunha actividade dirixida a crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias, con periodicidade mensual.

A través deste programa son xa arredor dun centenar de familias teenses con crianzas entre 0 e 6 anos as que recibiron información sobre recursos e actividades para poder criar en galego, e un total de 76 familias as que se inscribiron no programa e recibiron un agasallo de benvida.  

A programación do primeiro trimestre do ano 2020 comezará no mes de xaneiro cun obradoiro de porteo, que permitirá coñecer ás familias os beneficios de realizar esta técnica, cómo facelo dun xeito adecuado e saber que se precisa para facelo. Este obradoiro, que será impartido por Tania Iglesias, asesora da Asociación Teta e Coliño, realizarase o sábado 18 de xaneiro de 11 a 13 h na Biblioteca dos Tilos. Terá un límite de 15 prazas acompañadas polas familias.

A actividade do mes de febreiro será un obradoiro de masaxes, impartido por Verónica Couselo os venres 14 e 21 entre as 17 e as 19 h na Casa Común de Cacheiras. A el poden acceder ata 8 bebés con familias, que coñecerán os beneficios das masaxes para bebés, masaxe shantala e para cólicos e estrinximento, así como primeiros auxilios básicos.

No mes de marzo chega a actividade máis lúdica do trimestre con Desta vai?, no que a narradora oral Vero Rilo presentará un espectáculo-obradoiro para  arrolar, contar, recitar e xogar en igualdade para durmir, soñar e medrar. Será o sábado 14 de marzo ás 12 h na Biblioteca dos Tilos e as prazas están limitadas a 20 crianzas, acompañadas, preferiblemente, dunha soa persoa adulta.

As inscricións para cada actividade poden realizarse a partir do día primeiro do mes no que se realiza cada actividade, enviando o nome completo das persoas asistentes ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal. A orde de chegada dos correos determinará a entrada das persoas a cada actividade.

Agasallo de benvida. As familias que están a agardar unha crianza ou cunha crianza de ata un ano, interesadas en participar no programa, recibirán un agasallo de benvida en forma dunha caixa con material diverso e un apego coa figura do polbo Po, e as familias con nenos ou nenas xa máis medrados ata os 6 anos un CD con música en galego. Ademais, as familias inscritas recibirán nos seus enderezos electrónicos información puntual das actividades que o Servizo de Normalización do Concello de Teo programa para esta franxa de idade.

Para poder recibir estes agasallos e pertencer á comunidade Apego podes visitar o Servizo de Normalización Lingüística, na Casa do Concello, enviar un correo electrónico a politicalinguistica@teo.gal ou visitar a paxina web https:\\apego.gal e cubrir o formulario que encontrarás na pestana “súmate”.

Folleto Apego2

 

Folleto Apego 1

Portada Apego

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Apego_folleto.png 148.25 KB
Apego_folleto2.png 429.96 KB