O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Pechada a estrada de Castro de Pontevea por asolagamento

| compartir:

O Servizo Municipal de Emerxencias comunica que a estrada do Castro de Pontevea permanece pechada por inundacións. Dada a previsión de mal tempo para os próximos dias, dito peche manterase ata o sábado, como mínimo. Moita precaución no resto dos viarios e lembren o teléfono 112 para calquera aviso de emerxencia. 

Segundo informa o 112 a Xunta de Galicia eleva o nivel de alerta a emerxencia en situación 1 por mor das inundacións que están a afectar a diversos concellos galegos. Isto facilitará a mobilización dos recursos de emerxencias necesarios a nivel supramunicipal.

As choivas e ventos destes días poden provocar, entre outros, problemas na circulación. O 112 lembra algunhas recomendacións de seguridade. Debemos manter unha velocidade axeitada nas estradas, aumentar a distancia co vehículo precedente, evitar desprazamentos por vías secundarias, afastarse do curso dos ríos... Hai que ter en conta que con estas condicións meteorolóxicas podemos atopar bolsas de auga nas rúas e viarios, deprendementos de terra ou pedras, escasa visibilidade ao volante...

 A Xunta de Galicia tamén ten activado o Inungal, o plan especial de protección civil ante o risco de inundacións. No caso de Teo o Ulla está desbordado en zonas coma a Burga de Pontevea. 

 

 

castro