O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Cantateo reúne as voces corais do Concello

| compartir:

O Cantateo, o encontro de corais do Concello de Teo, saudará o Nadal este domingo 15 de decembro ás 17:30 horas no auditorio municipal Constante Liste da Ramallosa.

Acutarán o Coro de San Miguel de Raris, a Coral da Asociación Cultural Cruceiro do Monte, a Coral San Simón de Cacheiras, a Coral Polifónica da Sociedade Recreativa de Calo, o Grupo de Canto Aleceia dos Tilos e a Coral Polifónica de Luou. Trátase dun encontro tradicional que se celebra todos os anos no mes de decembro. Nesta xuntanza quérese pór en valor o traballo das corais e coros do Concello cunha actuación no mes de decembro, nos días previos ás festas de Nadal. A entrada á actuación é libre e de balde para todas as persoas interesadas. 

Danza familiar

Dende o Departamento de Cultura tamén teñen programado para este sábado 14 unha función dirixido a un público familiar. As Armadanzas é un espectáculo participativo de danza familiar con Mercedes Prieto e Montse Rivera. Será no auditorio municipal Constante Liste da Ramallosa ás 18:00 horas e a entrada é de balde. O mesmo sábado pero ás 20:00 horas no salón de plenos farase a entrega dos premios do XX Concurso de Postais de Nadal. Os pequenos e pequenas premiadas neste concurso recibirán o seu agasallo de mans da concelleira de Cultura, Mayte Argibay. 

 

cantateo