O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello asina o contrato do Servizo de Axuda no Fogar cun gasto de 600.000 euros anuais

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, asinou esta mañá o contrato do servizo de axuda no fogar (en diante SAF) coa empresa que resultou adxudicataria, Fundación para el estudio y la promoción de la acción social (FEPAS). A licitación realizouse para un máximo de catro anos por unha contía anual de algo máis de 600.000 euros. O importe total da licitación é de 2.411.765,76 €.

Segundo explica o edil de Benestar, Ignacio Iglesias, "o SAF é unha das prestacións básicas dos servizos sociais comunitarios máis instaurados nos últimos anos". No marco da creación do Sistema de Promoción da Autonomía e Atención á Dependencia ten adquirido un papel fundamental na labor de atención á poboación beneficiaria deste. Iglesias destaca que "nos últimos anos tense incrementándose sensiblemente tanto o número de horas prestadas como a poboación atendida dende este servizo, que nós entendemos fundamental". 

As previsións anuais fixan en 38.436 as horas de servizo, das cales o 85,5% irán destinas á modalidade de atención para persoas valoradas dependentes baixo os criterios fixados pola Xunta de Galicia, mentres as restantes aglutínanse dentro da modalidade básica do servizo que o Concello xestiona de xeito independente.

Dende os Servizos Sociais municipais destacan a relevancia que ten a prestación básica para dar resposta a situacións urxentes, nas que as familias carecen de capacidade para prestar as atencións necesarias, así como noutros casos nos que existindo unha clara necesidade de apoio o perfil poboacional non se corresponde co dunha persoa con condición de dependente segundo a lei.

En Teo neste momento os casos activos achéganse ao 80 sendo máis do dobre dos existentes hai unha década. 

O SAF conta con financiamento da Xunta de Galicia para a modalidade de atención á dependencia e da Deputación da Coruña para a modalidade básica.

xuntadeputacion

contrato saf