O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello oferta un curso de inmersión tecnolóxica para maiores

| compartir:

O Departamento muncipal de Benestar organiza un curso de inmersión tecnolóxica dirixido a persoas maiores de 60 anos. A actividade centrarase sobre todo no manexo do móbil e no xeito en que esta ferramenta pode facilitarlles tarefas cotiás.
As datas establecidas para o curso son os xoves 14, 21 e 28 de novembro e 5 e 12 de decembro. Está previsto que se desenvolvan na Casa Común de Cacheiras. En todos os casos as sesións serán entre as 19:30 e as 21:00 horas.

As persoas interesadas en participar no curso poden anotarse acudindo a Servizos Sociais, chamando ao número de teléfono 881 972 389 ou enviando unha mensaxe solicitándoo ao enderezo de correo electrónico a servizossociais@teo.gal.

pantalla ordenador